A CIDADE NA OLLADA DOS ARTISTAS, COMPOSTELARTE NO AUDITORIO


Últimos días para ver a exposición Compostelarte

(30/07/2007) A mostra reúne a obra pictórica de sete artistas composteláns na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia: Raquel Blanco, Xurxo Martiño, Romero Masiá, Morquecho, Soledad Pite, Vicente Prego e Xosé Vivián. Será clausurada o próximo domingo, 5 de agosto.


Todos estes artistas comezaron a expoñer a partir da década dos oitenta e contan con máis de dúas décadas de traballo cunhas visións moi diferentes, pero unidos nunha evolución que vai da abstracción á figuración.


Nun deuvedé que se proxecta na sala de exposicións pódese ver a cada un dos artistas, traballando no seu estudio as súas obras coas técnicas propias.


A selección de artistas e o catálogo da exposición realizouna Antía Otero coa colaboración de Antón Sobral.


QUERO DESTACAR CON ESTE ARTIGO, A VICENTE PREGO, GRAN MAESTRO DA PINTURA PARA MIN, DO CAL APRENDIN A DESENVOLVERME NA ARTE. DESDE AQUI, DEDICOLLE ESTE ESPACIO PARA AGRADECERLLE TODO A QUE FIXO POR MIN. POR ISO RECOMENDOVOS ESTA EXPOSICIÓN, NON VOS ARREPENTIREDES.


Vicente Prego, coruñés formado na escola Mestre Mateo, camiña entre o conceptualismo da estructura xeométrica. As súas gamas son neutras, en negros, tierras e sienas, cunha referencia formal mínima en brancos, que insinúan paisaxes e interiores. Ten xeitos de gravador na súa obra.


A exposición permanecerá aberta até o 5 de agosto de 2007, e pode visitarse todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, agás os días de concerto que pecha ás 19:00 h.


1 comentario :

Anónimo dijo...

Ala que guay!!!o teu profe!!!jejejjejeje
Acabo de chegar da minha clase de inglés...
e lembreime de ti porque a profe ensinounos a palavra CLOSED CAPTIONING, que som os subtítulos na mesma língua para sordomudos numha película, por si te sirve de algo!!
bicos