• escoitar.org ) ) )


  • ¿Queredes escoitar cómo sona a vosa cidade, o lugar onde nacestes e onde vos criastes?? Porqué non entrades ensta páxina, escoitades a qué sona o voso lugar, e me contades. Explicaréivos un pouco mellor de que vai, para que vos acheguedes a este espazo que me parece interesantísimo agregar no meu proxecto, pois trátase doutro tipo de comunicación sonora, mediante soundscapes, ou chamadas tamén, paisaxes sonoras.
    Escoitar.org ) ) ) propón unha aproximación ao son dun lugar, coma a aproximación ao seu patrimonio. Percibir, comprender e concibir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares e as nosas xentes, a súa coherencia e idiosincrasia, é un exercicio necesario e saudable. Escoitar.org é un proxecto de dinamización social aberto e libre cuxo obxectivo principal é a difusión e promoción do fenómeno sonoro e a súa exploración con fins sociais e documentais. Podes participar engadindo as tuas gravacións. Benvido a Escoitar.org. (copieino todo porque son eles quenes mellor se poden definir, non?) Espero que disfrutedes coa páxina, máis adiante, xa me contaredes qué tal foi a experiencia e falamos un pouco das paisaxes sonoras, e dos artistas actuales que traballan con ese tema. Mentras preparo a información, pídovos que entredes nesta páxina e disfrutedes dunha nova experiencia e, o que é máis importante, que ESCOITEDES novas experiencias, novos puntos de vista, que escoitedes con outros ollos. A paisaxe mírase, pero tamén se escoita...

    No hay comentarios :